O Consello Galego de Museos lamenta o feche dos Museos Liste

O organismo celebrou o pasado fin de semana a súa xuntanza anual

21/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A precariedade de moitos centros, e en especial o feche dos dous museos creados por Olimpio Liste marcaron a xuntanza anual do Consello Galego de Museos. Este organismo, que coordina o traballo destes centros realizou o pasado sábado a súa xuntanza anual no Museo Etnográfico da Capela. Na mesma, o organismo amosou a súa preocupac ión ante “a situación especialmente comprometida dalgúns museos e, en concreto, a dos dous centros creados por D. Olimpio Liste Regueiro, o Museo Liste de Oseira e a Fundación Museo Liste de Vigo. Ambos permanecen pechados por falta de recursos económicos, ao suspenderse as axudas públicas que viñan recibindo”.

Na xuntanza renováronse tamén os cargos da Comisión Permanente desta entidade, pasando a ocupar a vicepresidencia o Museo das Peregrinacións e deSantiago; para a vicesecretaría, o Museo Etnográfico da Capela; para a vogalía 1ª o Museo de Viladonga; e para a vogalía 3ª o Museo Fundación Liste de Vigo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

16/09/2013

Morre Olimpio Liste

O investigador e fundador de dous museos etnográficos tiña 81 anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Vigo, Oseira, Museo das Peregrinacións...