As traducións marcan o comezo do curso editorial, que achega cen novidades á librarías

Curso editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A vida volta comezar en setembro e, do mesmo xeito que a escola, tamén as editoras inician o seu curso cunha choiva de lanzamentos. Ata cen títulos chegarán nos vindeiros meses aos andeis das librarías, entre elas unhas vinte traducións. A translación á nosa lingua de títulos coma "Arthur&George" de William Barnes, "O perfume" de Patrick Süskind, "A posibilidade dunha illa" de Houllebecq entre moitos outros marcan a pauta desta temporada. Canda a estas, obras de ensaio coma "Os dominios de Caín" de Xosé Carlos Caneiro ou "O suxeito posmoderno" de Rebeca Baceiredo e novelas coma"Tres segundos de memoria" de Diego Ameixeiras ou "Pepa a Loba" de Carlos Reigosa son algúns dos novos lanzamentos.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pepa a Loba, Carlos Reigosa, Xosé Carlos Caneiro, Diego Ameixeiras...