Xerais abre con Carlos Reigosa unha colección de estudos da obra de escritores contemporáneos e presenta “Pepa a Loba”

Dupla ración de Reigosa

Co escritor Carlos Reigosa como centro do acto Edicións Xerais presentou cun xantar en Santiago a máis recente novela do autor, “Pepa a Loba” e o primeiro libro da nova colección Estudos Literarios dedicado á súa traxectoria literaria e profesional. Nesta colección a editorial presenta achegamentos ás traxectorias de escritores contemporáneos que xa teñen un importante corpus escrito. Están previstas vindeiras entregas sobre Manuel Rivas e Méndez Ferrín. Na presentación en sociedade de “Pepa a Loba” Reigosa estivo flanqueado por Dolores Vilavedra e Ramón Villares, que abordaron desde cadansúa beira o diálogo entre a literatura e a Historia co que Reigosa construíu a novela. O libro, para o que o autor reivindicou o caracter de “novela de aventuras”, xa ten tradución feita e dereitos vendidos para a publicación en castelán, mentres que a súa posible adaptación cinematográfica está agora mesmo parada.

Máis información en El Correo Gallego
e en Lg3 sobre Carlos G. Reigosa