30 anos de novela negra galega a análise no CCG

A xornada será o 6 de febreiro e está aberto o prazo de inscrición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Hai trinta anos, o xornalista Carlos Reigosa publicou en Xerais a novela Crime en Compsotela. Sería o punto de partida do xénero na literatura galega. "Trinta anos despois, e nunha fase na que o xénero está a experimentar unha grande expansión e popularidade, o CCG abre un espazo de reflexión e análise sobre as particularidades dun modelo creativo que xa é moito máis ca un fenómeno literario", aseguran as organizadoras, Teresa López e Dolores Vilavedra. Na xornada participarán escritores como Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, Carlos Reigosa, Elena Losada, Domingo Villar, Montse Dopico, Diego Ameixeiras ou Miguel Anxo Fernández.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Por qué a novela negra?

Analizamos os factores que lle deron ao xénero policial a importancia que ten nas letras galegas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Reigosa, Xénero, Dolores Vilavedra, Montse Dopico...