A presenza do galego nos novos formatos dixitais a debate no CCG

A xornada celébrase o martes 25 ás 19 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Unha xornada en liña do CCG debaterá o vindeiro martes 25 ás 19 horas ao redor da presenza do galego en novos formatos e plataformas de comunicación, como os podcasts, Twitch, Tiktok e diferentes formas de viralización da mensaxe. No encontro, que se celebrará en aberto e de xeito virtual a través do web do CCG e de Twitch, participan catro figuras destacadas na actualidade nestas plataformas: a coñecida Esther Estévez, xornalista da TVG de gran popularidade das redes co seu espazo "Dígocho Eu"; Agos Reigosa, de Twitch en Galego, plataforma que busca a agrupación e asociación dos creadores de contido do país neste servizo; María Sabarís, xornalista na diáspora que acaba de estrear "Fóra de mapa", un podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa; e tamén Jon Amil, unha das caras máis visibles do chamado Galituiter e xestor da conta Emgalego, un dos últimos fenómenos para a expansión e divulgación do reintegracionismo e a resolución de dúbidas sobre a lingua galega. A mesa está moderada por Carlos Pereiro, xornalista e director da revista Morcego, amais de membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello de Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esther Estévez, Diáspora, Literatura, Lingua galega...