Orgullo Galego organiza en Twitch unha xornada sobre as alboradas

Carlos Núñez e Baiuca presentan no encontro a súa colaboración Solstício

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Orgullo Galego organiza en Twitch unha xornada sobre as alboradas

As alboradas no ciclo festivo da invernía é o título da xornada que Orgullo Galego organiza este 17 de febreiro. A partir da 20:30 horas a canle de Twitch deste colectivo emitirá un encontro no que a música, a etnografía e a arqueoloxía atópanse arredor destas celebracións a súa vinculación coa época. A cita servirá de presentación de Solstício, tema no que Carlos Núñez e Baiuca colaboran a integrar unha alborada tradicional de Tras-os-Montes, en Portugal co son electrónico e os samplers.

Alén de falar do seu tema, o propio Núñez guiará o encontro no que, ademais de Baiuca, estarán presentes o antropólogo Rafa Quintía, que abordará os ritos e mascaradas da invernía e a musicóloga e a escritora Eva Moreda que analizará a música medieval e as alboradas.

Canda a eles, o arqueólogo e especialista en arte rupestre Manuel Santos falará sobre os vencellos da música con estes campos, o etnomusicólogo zamorano Alberto Jambrina explicará alboradas e os ritos de inverno nesta zona mentres o investigador da gaita trasmontana Jorge Lira fará o mesmo arredor desta área portuguesa.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alborada, Baiuca, Carlos Núñez, Etnografía...