Carlos Núñez leva o Premio da Crítica alemá

O galego finalizou a xira de presentación de Alborada do Brasil en centroeuropa

17/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de dar trinta concertos na súa xira por Alemaña e Suíza, Carlos Núñez acaba de recibir o Premio da Crítica alemá polo seu disco Alborada do Brasil. O xurado do galardón calificou o traballo como "obra artísica excepcional". Núñez estreará o vindeiro mes O soño de Brasil, un documental relacionado con este proxecto e dará a coñecer a música que realizou para o ballet Grupo Corpo, deste país, que lle dedica a Martín Codax o seu último espectáculo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Carlos Núñez, Alborada, Martín Codax...