Carlos Núñez descobre Brasil

O último disco do gaiteiro achégase ás formas musicais da outra banda do Atlántico

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Imaxe promocional do novo disco de Carlos Núñez

Imaxe promocional do novo disco de Carlos Núñez

"En Brasil atopei unha Galicia do futuro", resume Carlos Núñez a experiencia suramericana da que naceu Alborada de Brasil. O último disco do gaiteiro vigués, que sae hoxe á venda, mergúllase nos sons do xigante da lusofonía e conta con colaboracións de luxo. Lenine, Carlinhos Brown ou Adriana Calcanhotto, entre outros, suman as súas achegas ás interpretacións do galego. O proceso de elaboración supuxo para Núñez toda unha viaxe iniciática que, segundo asegura, deixará pegada na súa música e que se poderá seguir nun vindeiro documental. O propio artista explícanos ese seu descubrimento do Brasil, e achéganos unha mostra da súa música.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Ao vivo

Quiosco: Ao vivo

Carlos Núñez protagoniza a capa da revista da Rede de Música ao vivo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Carlos Núñez, Atlántico, Documental...