Un novo formato de programa para recoller o rock e o pop feito en Galicia comezará este vindeiro 21 de marzo na canle pública Radio Galega Música. O novo espazo 'ConsellerÃa do ritmo', producido e conducido polo xornalista musical Tito Lesende, emitirase todos os domingos ás 22.00 horas e tamén estará dispoñible en formato podcast a través da web da Radio Galega e das plataformas habituais.
Segundo o comunicado da CRTVG, no primeiro capÃtulo deste domingo, o espazo musical recibirá o músico coruñés Xoel López, que falará sobre as súas raÃces familiares na Fonsagrada, a súa experiencia vivindo en América, a maneira en que o seu fillo desmitifica a súa música ou as súas xuntanzas con outros galegos en Madrid, ademais de facer un percorrido pola súa evolución artÃstica. Nos seguintes programas, pasarán polos micros de Radio Galega Música artistas como Ortiga, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o divulgador Vituco Neira, entre outros.
Conversas en profundidade
Pola 'ConsellerÃa do ritmo' pasarán diversos artistas do ámbito do rock ou do pop galego para crear unha serie de capÃtulos monográficos ou temáticos coa intención de ofrecerlle á audiencia encontros con artistas fóra dos condicionantes de actualidade ou axenda. Lesende e os seu convidados compartirán cos oÃntes unha conversa próxima, repousada e traballada que ofrecerá un perfil representativo e distinto ao da habitual roda promocional. Este novo programa de Radio Galega Música daralle protagonismo a músicos e músicas que poderán compartir escena con outros actores do panorama musical galego como axentes, promotoras ou recintos senlleiros.