Este venres estréase na TVG 'Clac', o novo programa de cinema da canle pública, co audiovisual galego como protagonista absoluto. Cunha periodicidade semanal, 'Clac' emitirase desde hoxe na G2 ás 23:00 horas e estará presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao e contará, amais, coa colaboración do experto en cinema Eduardo Galán. En cada edición desenvolverase un coloquio con membros do equipo da pelÃcula seleccionada, duns 30 minutos, e despois da conversa emitirase a pelÃcula. Na súa estrea, 'Clac' estará dedicado a adaptación cinematográfica da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, 'A Esmorga'. Para achegarse as reviravoltas desta produción de éxito, conversarán no programa o director da cinta, Ignacio Vilar, e a actriz Sabela Arán, que formou parte do elenco principal. Ademais do coloquio e a proxección da pelÃcula, o espazo incluirá unha sección con información da actualidade cinematográfica e da carteleira.
'Dhogs' e 'Trote', próximas estreas
'Clac' irá combinando, nas sucesivas entregas, estreas cinematográficas con longametraxes galegas xa anteriormente emitidas pola TVG. Con esta nova proposta, a Galega busca achegar os profesionais do cinema á audiencia, para permitirlles explicar os seus traballos, as súas pretensións e ofrecer un contexto sobre as pelÃculas que se proxectan, asà como amosar o lado máis humano do cine. AsÃ, en próximas semanas está previsto que por 'Clac' pasen tÃtulos, como León e Olvido e Altas presións, xunto a estreas dalgunhas pelÃculas multipremiadas nos Premios Mestre Mateto do Auidiovisual como Trote, edición á que asistirán o director da cinta, Xacio Baño, e o guionista Diego Ameixeiras, e Dhogs, coa participación do seu director Andrés Goteira e da actriz Melania Cruz.