A ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de convocar o Iº Concurso de Podcasts, dirixido a centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar. O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Con motivo de que o DÃa das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antonio Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast deberá ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vÃnculo coa contorna de cada centro educativo participante. Os podcast premiados serán emitidos pola Radio Galega, ademais de ser difundidos a través da súa web e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas cos gañadores na programación especial da emisora co gallo do DÃa das Letras Galegas.
Establécense catro modalidades (alumnado de Infantil e 1º e 2 de Primaria, de 3º a 6º de Primaria, de Secundaria e, por último de Bacharelato, ensinanzas de persoas adultas e FP) e en cada unha delas seleccionaranse os dous mellores podcast. Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán unha asignación de 1.000 euros para melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca. Asà mesmo, poderán visitar as instalacións da Radio Galega en San Marcos para coñecer o traballo real nun estudo de radio. O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 30 de abril de 2019.