A Radio Galega celebra o seu día inaugurando os concertos 'Medio Bolo'

Baiuca e Aliboria inauguran hoxe o proxecto polo Día da Radio

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaComunicación
Compartir:

A CRTVG celebra hoxe, 13 de febreiro, o Día Mundial da Radio cunha programación especial na Radio Galega e as súas canles dixitais, ás que se suma tamén a Televisión de Galicia, desde o seu espazo da mañá A Revista e o Fun polo Aire da tarde. Deste xeito, e para celebrar esta data en que se quere contribuír ao prestixio da radio como medio de comunicación en todo o mundo, a Radio Galega lanzará oficialmente o proxecto Medio Bolo, coa emisión ás 22.00 h. do primeiro dos concertos de curta duración -neste caso, o proxecto de fusión de Baiuca e Aliboria- que se gravan no estudio de produción da emisora en San Marcos, e que se poderá seguir a través das redes sociais da Radio Galega e do ”Diario Cultural”. Na web estará a disposición dos usuarios o día seguinte.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, Baiuca, CRTVG, Televisión de Galicia...