Unha mostra recuperará a historia da radio en Galicia

Dosier: Radio

Será a partir de febreiro de 2009 na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña. Unha exposición e un congreso, co título “Galicia pola radio” quere rememorar os 75 anos de historia deste medio de comunicación no noso país. Foi en 1933 que Compostela acollía a primeira emisión, e desde aquela a cousa foi evoluíndo ata as actuais emisións dixitais. No noso dosier podes coñecer polo miúdo diferentes aspectos deste mundo de ondas.

A nosa reportaxe sobre a historia da radio, con mostras sonoras sobre este medio
Os colectivos galeguistas foron pioneiros no desenvolvemento da radiodifusión en Galicia

Unha análise da situación das radios libres en Galicia
As radios libres galegas mantéñense vizosas e preparan unha coordinadora que facilite o seu traballo

Sempre en Galicia: O programa máis veterán das nosas ondas faise desde Uruguay e na nosa reportaxe podes escoitar mostras do mesmo
O máis antigo programa radiofónico en galego cumpre 52 anos en antena


Ponte... nas ondas: a iniciativa radiofónica máis destacada dos últimos anos
A iniciativa “Ponte... nas ondas” coordina os alumnos de cincuenta centros de ensino galegos e portugueses arredor da radio

Máis radio exterior: Os espazos radiofónicos galegos en Cataluña no noso tema sobre a dinámica cultural nesta diáspora
A acción cultural galega en Cataluña mantén desde hai anos unha vizosa actividade que renova os seus xeitos de actuación