Ao xeito dunha presenza constante e a miúdo pouco recoñecida, a radio fai parte das nosas vidas coma un elemento máis. No entanto, como todo, tamén este medio tivo un comezo no noso paÃs. En 1933 saÃan ao ar en Compostela as emisións de Radio Galicia, unha iniciativa vencellada ao movemento galeguista. Desde aquela, todo foi medrar.
Ao igual que moitos outros inventos, a radio chegou a Galicia cun certo atraso respecto ao noso contorno. "A primeira radio comercial do Estado foi Radio Barcelona, en 1924, e a primeira emisora galega comezou a emitir en 1933", lémbranos Xosé Ramón Pousa, profesor de radio na compostelá Facultade de Ciencias da Comunicación e autor da obra "O sistema radiofónico en Galicia". Aquela primeira iniciativa era Radio Galicia, que tiña as súas instalacións mesmo enfronte da Igrexa da Universidade.
A radio galeguista
"Naquel momento non hai ningunha empresa autóctona con capacidade para desenvolver unha iniciativa coma esta, e entón Radio Galicia nace dun grupo de universitarios que traballan en torno ao Partido Galeguista", explica Pousa. Deste xeito vemos como, lonxe da intención comercial que animaba a maior parte destas empresas, a radio chegou a Galicia coma un elemento de propaganda polÃtica e de defensa dos valores propios. Logo de varios meses de probas, o proxecto saÃu ao ar o 15 de xaneiro de 1933. "A primeira emisión consistiu na lectura dun poema de FermÃn Bouza Brey, en galego, a cargo de Antón Fraguas, que daquela era un estudante", lembra este investigador. "Iso non implica que as emisións fosen en galego. HabÃa programas que si, e retransmitÃanse, mesmo para América, actos a prol do Estatuto ou a Asemblea de Alcaldes".
Cadea comercial
Malia a influencia e o traballo deste grupo galeguista, na realidade a posta en marcha do proxecto foi posible grazas á empresa madrileña Unión Radio, que desenvolvÃa canda a estes contidos polÃticos, unha programación estritamente comercial. "A programación era bastante ampla, cubrÃa ao comezo entre 6 ou 8 horas e habÃa de todo. A primeira emisión que se fixo en directo foi a Santa Misa, que se programaba domingos e facÃase cruzando un cable pola rúa ata a Igrexa da Universidade. Despois habÃa concertos de piano desde o propio estudio, entrevistas ou conferencias".
A outra banda do micro
A tardÃa chegada das emisoras de radio a Galicia non quere dicir que non houbese xa aparellos receptores no paÃs. A escasa ocupación do espectro radiofónico dáballes ás emisoras existentes un alcance hoxe inusitado. "Aquà chegaba de todo, desde os anos vinte xa habÃa radioafeccionados que escoitaban a BBC ou Radio France. Tamén chegaban emisións portuguesas ou francesas, e mesmo Radio Galicia tiña unha cobertura moi ampla, e pola noite posiblemente chegase a boa parte do paÃs. Naqueles momentos, escoitar a radio era para o público toda unha novidade. "O principal atractivo para os ouvintes era ver como funcionaba aquela tecnoloxÃa: Cómo un moble era quen de falar". Deste xeito, congregábanse multitudes arredor das escasas radios que habÃa no paÃs. "Eran aparellos colectivos, que congregaban moita xente. Unha anécdota curiosa foi que nunha ocasión retransmitiron un concerto, e habÃa mais xente escoitándoo pola radio nun establecemento de Compostela que no propio lugar da actuación".
A difusión da radio
Non botou moito tempo o monopolio de Radio Galicia no sector. Xa en 1934 ve a luz Radio Pontevedra, promovida polo avogado Enrique Vázquez Lescaille, e practicamente ao tempo Radio Coruña, de Francisco Hervada, primeiro dunha familia que aÃnda hoxe ten a titularidade da emisora. No mesmo ano xorde Radio Vigo, de Santigo Montenegro, e en 1935 Radio Ourense, de Ramón Puga. Tamén data do 35 a posta en marcha de Radio Lugo, co histórico Ramón Beberide Ledo, que seguirÃa traballando na emisora ata o comezo da década dos oitenta. A vocación comercial destas emisoras motivaba enxeñosos sistemas para conseguir beneficios. Xa daquela a publicidade era o medio de vida das radios galegas. "HabÃa tamén algo moi interesante que eran os clubs de oÃntes. Cada un dos socios pagaba unha cota e logo, por exemplo, recibÃan revistas como "Ondas" de Radio Galicia. Ademais obtiñan algúns descontos comerciais e mais ao contratar publicidade, e podÃan acudir á gravación dos programas".
Propaganda pública
A chegada do réxime franquista truncou en grande medida a evolución destas radios, xa que o medio pasa a ser intervido polo estado. "Estas emisoras conservan o seu carácter comercial pero créanse unhas cotas para o estado sobre a publicidade. Ademais hai un control total de contidos que obriga a pasar os guións por censura previa", explica Pousa. Ao longo do réxime prodúcese tamén a integración das emisoras galegas en cadeas estatais coma a do Servizo Español de Radiodifusión (SER) ao que todas elas se foron sumando entre 1949 e 1960. Ademais, xorde a radio pública, e Radio Nacional de España (RNE) e mais a Rede de Emisoras do Movemento crean as súas propias emisoras, e a partir dos anos sesenta chega tamén a Cadea de Ondas Populares Españolas (COPE). Sumando unhas e outras, "cando a Xunta asume as competencias no ano 82, habÃa en Galicia unhas trinta emisoras, e a metade eran de RNE", resume Pousa. Pouco tempo despois, o 29 de marzo de 1985, iniciaba a súa andaina a Radio Galega.
Multiplicación e futuros
Nos últimos vinte e cinco anos pasamos daquela trintena ás máis de cen emisoras comerciais que existen na actualidade, ás que se deben sumar as 120 públicas (entre municipais, autonómicas e estatais) e aÃnda un cento máis de radios en situación de ilegalidade, segundo os datos que manexa este investigador. Pendentes dun vindeiro proceso de regulación das nosas ondas, para Pousa "o futuro vai vir posiblemente pola concentración empresarial, pero todo dependerá de como se concedan as emisoras: Poden ir para pequenas empresas que non as poden viabilizar e acaban vendéndoas a grandes operadores ou pódese apostar por firmas que poidan facer un produto autóctono. Hai máis dun cento de emisoras que están a introducir contidos alleos, e cómpre ter coraxe polÃtico para rachar iso. Logo hai o problema da saturación comercial, existe pouco tecido industrial para un aparello tan grande". Dun xeito ou doutro, está claro que ao medio aÃnda lle resta moito futuro, e que aÃnda fica historia por escribir.