Os 2.444 títulos con depósito legal en 2006 poñen a Galicia como a sexta comunidade que máis edita do estado

Sexta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Depósito Legal da Biblioteca Nacional recibiu o pasado ano 2.444 títulos procedentes de Galicia. Esta cifra sitúa o noso país coma sexto produtor editorial do Estado, aínda que só un 2,1% de todas as obras que recibiu o depósito estaba na nosa lingua. Canda a un incremento xeral dos títulos editados, arredor dun 4%, as cifras deste departamento constatan un descenso nas tiraxes medias dun 12,7%.

Máis información en La Voz de Galicia; outras cifras de edición e os índices de lectura nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Biblioteca Nacional, La Voz de Galicia