Publicacións galegas fanse con galardóns aos libros mellor editados e entran na lista White Ravens

Edicións de primeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xa se coñecen os resultados dos Premios Nacionais aos libros mellor editados, unha convocatoria que acadou unha destacada presenza galega. "Animalario", de Faktoría K, fíxose co primeiro premio na categoría de arte, mentres o "Gran libro de los retratos dos animais" de OQO facíase co primeiro posto na categoría infantil e xuvenil. Ao tempo, "Pucho o habitador dos tellados", de Kalandraka, quedaba terceiro na mesma categoría. Canda a eles, outras tres obras galegas conseguiron entrar na lista internacional White Ravens das mellores obras infantís e xuvenís. Foron "A princesa do Courel", de Oqo, "A sombra descalza" de Edicións Xerais e "Smara" de Kalandraka.

Máis información sobre os premios nacionais no web do Ministerio de Cultura; e nos nosos arquivos; sobre os White Ravens en La Opinión e nos nosos arquivos:

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Culturagalega, Kalandraka, Ministerio de Cultura...