Oleiros acolle a segunda edición dun encontro que pretende exhibir os territorios en conflicto

Foto-xoc

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
En dous días comeza en Oleiros, “Revela 06”, o encontro de fotografía e sociedade que organiza este concello coruñés. Baixo o título “Territorios en conflicto” intelectuais, expertos e fotógrafos que estiveron en zonas de guerra explicarán as dificultades e experiencias do traballo de campo. Ademais dos coloquios, as rúas de Oleiros exporán imaxes en lugares públicos como un exemplo de reflexión e encontro das realidades colaterais que producen as guerras e que afectan poboación civil. Por outra banda, a deputación da Coruña tamén falará de fotografía, xa que acaba de achegar 10.000 euros para a organización, dixitalización e catalogación do arquivo de Manuel Chamoso Lamas, o que fora director e fundador do Museo das Peregrinacións.

Máis información no web do evento e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oleiros, Fotografía, Guerra, Manuel Chamoso Lamas...