O Concello de Oleiros presenta un proxecto fotográfico para denunciar as inxustizas sociais

Conciencia fotográfica

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A fotografía para remover as conciencias. Este é a tese que está de fondo en “Revela, foro internacional de fotorreportaxe e sociedade” o proxecto cultural que vén de presentar o concello de Oleiros que este ano se dedica ao mundo da emigración e que xorde con vocación de continuidade. A iniciativa ten varias partes. Unha primeira expositiva pola que fotógrafos e axencias de grande calado internacional exporán en paneis instalados nas rúas do municipio. Por outra banda foros, obradoiro, proxecións audiovisuais nocturnas, mesas redondas e conferencias maxistrais completan este proxecto social. A cita será en Oleiros do 24 de xuño ao 15 de xullo.

Máis información en La Voz de Galicia , Galicia Hoxe, La Opinión e no web do evento

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Oleiros, Fotografía, Galicia Hoxe, La Opinión...