As migracións centran o primeiro proxecto fotográfico do concello de Oleiros

Oleiros revélase

Desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xullo o concello de Oleiros vístese de fotografía. Son as datas nas que se celebra “Revela”, un proxecto fotográfico con carácter social que nace falando do mundo da emigración. É o tema sobre o que pivotan os obradoiros, mesas de debate, concertos de música e proxeccións que conforman o cartel do evento. Revela pretende converter os espazos público en foros de debate para a cidadanía.

Máis información na web do evento