Revela 2010 céntrase na infancia maltratada

25 fotógrafos de todo o mundo expoñen na quinta edición do certame de Oleiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Serra Leoa". Foto: William Daniels

"Serra Leoa". Foto: William Daniels

Entre o 18 de xuño e o 18 de xullo Oleiros acolle a nova edición de Revela, o certame fotográfico "que impulsa o encontro entre a realidade social e a cidadanía a través da fotografía". O certame inaugurouse o pasado venres coa conferencia Infancias rotas da reporteira Carmen Sarmiento. 25 fotógrafos de diferentes países expoñen obra no parque José Martí de Santa Cristina, en Oleiros, percorrendo diferetnes conflitos e realidades que retratan o maltrato á infancia en todo o mundo. Revela está promovido polo concello de Oleiros coa colaboración da Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Concello de Oleiros, Deputación da Coruña