Fotografía para debater

Oleiros acolle unha nova edición de Revela

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:
Fotografía para debater

Un encontro co fotoxornalismo máis actual para propiciar o debate e a reflexión encol da situación d mundo. Esta é a proposta que desde hai xa catro anos fai o Concello de Oleiros co Foro Internacional Revela. Imaxes impactantes que se poden ver na propia rúa desde o pasado 21 de agosto.

Imaxe 1
1/7
Imaxe 2
2/7
Imaxe 3
3/7
Inauguración de Revela 09
4/7
Inauguración de Revela 09
5/7
Inauguración de Revela 09
6/7
Inauguración de Revela 09
7/7

Robert Wallis, Robin Hammond, Karem Robinson, Sanjit Dás ou Carolyn Drake, canda a Walter Andrada, gañador da Bolsa Revela da última edición e premio World Press Foto, son algúns dos creadores que achegan as súas imaxes a Revela 09. Unha selección dos seus traballos pode verse nos parques José Martí e Luís Seoane de Oleiros, en grandes paneis accesibles a todos os paseantes.

Canda á exposición, que recupera algúns dos nomes máis destacados do fotodocumentalismo internacional, o programa de 2009 inclúe un obradoiro de fotografía a cargo de Carolyn Drake o vindeiro 2 de setembro, e o arxentino Hernán Zin impartirá unha conferencia e proxectará o seu documental A guerra contra as mulleres o día 3.

O fallo dos premios Revela 09 e o acto de entrega e feche, tamén o día 4 finalizarán a programación deste ano.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Concello de Oleiros, Documental, Luís Seoane...