A Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais fixo unha réplica dun galeón do século XIX

Embarcacións do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O patrimonio náutico tamén forma parte da nosa cultura. Esta é unha das premisas polas que un grupo de persoas decidiron agruparse na Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia. Unha sociedade que acaba de presentar o “Punta Pragueira”, un galeón de dous metros e medio de manga e 8 de eslora que está feito con carballos e pinos do país e cuxa construción ocupou mais de dous anos. A embarcación reproduce fielmente as que circulaban polas nosas rías no século XIX. Polo demais, esta sociedade anunciou a celebración (12 e 13 de agosto) dunha concentración de embarcacións tradicionais no Club Náutico de Oza, así como instou á Autoridade Portuaria da Coruña para restaurar e conservar o faro de Oza.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión

Claves

Entidades