Cultura catalogará as embarcacións singulares do país para protexelas como patrimonio cultural

A Xunta elaborará un rexistro de embarcacións históricas e tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, anunciou hoxe en Vigo que a Consellería de Cultura vai elaborar un catálogo de "embarcacións tradicionais e históricas singulares" no que se recollerán todas aquelas "que constitúan un ben patrimonial a conservar". As embarcacións recollidas enste catálogo pasarán a formar parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, e polo tanto terán o nivel de protección especificado. O proceso vai acometer por fases. Arias realizou estas declaracións no transcurso da xornada Análises e Perspectivas para o Recoñecemento do Valor Patrimonial, Preservación e Uso das Embarcacións Tradicionais, no que se analizan diferentes casos de protección do patrimonio marítimo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellería de Cultura, Vigo

Claves

Lugares