Cultura quere declarar BIC a carpintería tradicional de ribeira

Explicarase o proceso durante o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

5/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura e Educación está a preparar a declaración das "técnicas construtivas das embarcacións tradicionais galegas" como Ben de Interese Cultural. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicouno durante a presentación do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Outes. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural explicará os primeiros pasos que se están a dar para esta declaración no marco do encontro, que se celebrará no Freixo, en Outes, do 11 ao 14 de xullo. Xunto cos relatorios do primeiro día, o programa do encontro ofrece diversas actividades, como obradoiros e mostras, roteiros e visitas guiadas, exposicións e actuacións poéticas e musicais.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outes, Anxo Lorenzo, Ben de Interese Cultural, Educación...