O Freixo acollerá o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais

Celebrarase entre os días 11 e 14 de xullo nesta vila de Outes

11/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A seguir a súa periodicidade bienal, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial celebra neste 2013 o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais. Preto de 120 naves de diferentes tipos se concentrarán no porto do Freixo, en Outes entre os días 11 e 14 de xullo para celebrar e compartir experiencias sobre o noso patrimonio mariñeiro. Co programa aínda pendente de fechar, está confirmada a presenza de Os Cempés e mais da Orquestra Sondeseu. Ademais, haberá mercadiños e actividades en terra, así como embarcacións convidadas de lugares como Euskadi, Portugal ou Cartagena entre outras orixes.

No apartado máis académico, unhas xornadas analizarán a situación e futuro da carpintaría de Ribeira, incluíndo unha homenaxe a estes artesáns.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outes, SonDeSeu, Euskadi, Portugal

Claves

Entidades