Cambados acolle o VII encontro de embarcacións tradicionais

Cultura marítima

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Mañá comeza en Cambados o VII encontro de embarcacións tradicionais de Galicia 2005. Trátase dun evento que non está só relacionado directamente cos barcos, senón con todo o que ten que ver coa cultura marítima e fluvial. Por iso, as xornadas inclúen desde actividades como exhibición de navegación a vela de embarcacións tradicionais como exposicións de proxectos que pretenden revalorizar a cultura tradicional do mar e buscar un desenvolvemento turístico náutico e etnográfico. O encontro, que se desenvole ata o sábado, está organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e o Museo do Mar de Galicia.

Máis información neste web

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Exposicións, Museo do Mar de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares