Exposicións, maquetas e obradoiros en directo de construción e reparación de embarcacións tradicionais son a base da mostra itinerante sobre a nosa cultura marítima tradicional que a Consellería de Cultura, en colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, se amosará ao longo de xuño por varias cidades galegas.
Esta mostra itinerante será o primeiro paso de "Galicia en Brest", a programación deseñada como parte da participación de Galicia como convidada de honra na Festa Marítima Internacional de Brest, un dos maiores eventos do mundo vinculados á cultura marítima. O encontro de Brest celebrarase entre o 11 e o 17 de xullo nesta localidade bretona e reúne a máis de 2.000 embarcacións de 30 países e a 15.000 mariñeiros. En colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a Consellería de Cultura deseñou un amplo programa de actividades e exposicións e amosará unha flota de 25 embarcacións tradicionais.
DATAS E LUGARES DA MOSTRA DE CULTURA MARÍTIMA EN GALICIA
>
* 1 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña
* 8 de xuño nas Coruxeiras en Ferrol
* 15 de xuño na Ferrería de Pontevedra
* 22 de xuño no Paseo de Bouzas en Vigo
* 29 de xuño na Alameda de Santiago de Compostela