Comeza o desembarco galego en Brest

Inaugúrase a Feira Marítima Internacional onde Galicia é convidada de honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Galicia, convidada de honra na tradicional Feira Marítima Internacional de Brest (Bretaña), xa está instalada no recinto. Nun espazo de 1.500 metros cadrados, no Village Galice, xa están instaladas as carpas que acollen as actividades permanentes da feira (obradoiros, puntos de información turística e exhibicións sobre a cultura galega) e os visitantes poden xa recibir unha publicación con toda a programación galega ata a fin de exhibición, o 17 de xullo.

Os visitantes á Feira de Brest tamén poderán visitar no peirao as 25 embarcacións tradicionais que conforman a flota galega, escollidas para representar o patrimonio marítimo e fluvial galego: dornas, gamela, botes, galeóns, barca de dornas, catraia, barca de paso, lancha do xeito, traiñeira. A elas súmase o Hidria Segundo, barco de vapor orixinal que xa atracou en Brest tras navegar ata alí dende a nosa costa.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Bretaña

Claves

Conceptos
Lugares