Presentan en Vigo a Feira Marítima de Brest, que terá Galicia como país convidado

A ruta a Bretaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O conselleiro de Turismo de Bretaña, François Vertadier, e mais o seu homólogo do concello de Brest, Marc Doria, presentaron esta mañá en Vigo a Festa Marítima Internacional que se celebrará nesta localidade o vindeiro mes de xullo e na que Galicia é país convidado. O evento, considerado o máis importante do mundo sobre cultura marítima tradicional, situará o noso país canda a outros coma Noruega ou Vietman, tamén convidados. Segundo anunciou a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, esta iniciativa enmárcase nunha liña de traballo sobre a recuperación do noso patrimonio marítimo. Está previsto que a delegación galega achegue a Brest arredor de vinte embarcacións ademais de actuacións musicais, exposicións e un espazo dedicado á gastronomía entre outras actividades.

Máis información no web da Feira e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Vigo, Bretaña, Turismo...

Claves

Entidades