O programa Nabeira08 divulgará a cultura marítima e fluvial galega

Cultura que navega

O deporte e a cultura conflúen no programa Nabeira08. Este proxecto, que presentaba onte a Consellaría de Cultura, nace coma parte das actividades do noso país como convidado na Feira Internacional que sobre esta cuestión se celebrará en Brest. Unha exposición itinerante pola nosa costa, actividades deportivas e unha campaña en centros escolares desenvolveranse desde o vindeiro seis de maio e ata o mes de xullo, achegando ao público o noso patrimonio marítimo e fluvial.


Máis información en Deporte Galego; máis nos nosos arquivos sobre embarcacións tradicionais