Vinte embarcacións tradicionais participarán na Festa Marítima Internacional de Brest

Desfilar en Brest

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Festa Marítima Internacional de Brest, o maior evento de cultura marítima no mundo, conta con Galicia como país convidado na súa edición 2008. Para o celebrar, o noso país achegará entre o 11 e o 17 de xullo a esta localidade bretoa unha flota de vinte embarcacións tradicionais. Canda a isto, concertos, exposicións sobre cultura mariñeira, proxeccións audiovisuais e obradoiros completarán un programa que quere dar a coñecer a riqueza da nosa tradición marítima.

Máis información no web da Consellaría de Cultura, en Galicia Hoxe, en Vieiros; máis sobre cultura marítima nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Exposicións, Galicia Hoxe, Culturagalega

Claves

Conceptos