Quiosco: Nova Ardentía nº13

Preséntase o número 13 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoPatrimonio
Compartir:
Quiosco: Nova Ardentía nº13

A publicación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR) chega ao número 13. Nesta entrega a revista recolle pezas de análise sobre as rutas xacobeas marítimas; os muíños de mar e pon o foco no legado do falecido antropólogo sueco Staffan Mörling, un dos grandes especialistas nas embarcacións tradicionais galegas e na cultura marítima do país que faleceu o pasado ano. A federación está a levar a cabo presentacións deste volume en varias localidades.O obxectivo da revista é publicar traballos dentro do seu ámbito temático que teñan unha contrastada calidade e interese, e tentando que parte de cada número estea relacionado coa actualidade do tempo no que se pública. Normalmente publicase de xeito bianual o ano que se celebra o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e do que soe publicar material sobre o porto que o acolle, este núemro sae un ano despois da anterior

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Ardentía 6 e 7

Quiosco: Ardentía 6 e 7

A Federación pola Cultura Marítima lanza unha nova entrega da sua revista e publica o pdf da anterior

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muíños, Etnografía, Antropoloxía

Claves

Lugares