Morre Staffan Mörling, o gran etnógrafo do mar galego

Os seus estudos sobre embarcacións tradicionais foron fundamentais para recuperar este patrimonio

Staffan Mörling.
Staffan Mörling.
Staffan Mörling nacera en Kalstad (Suecia) en 1936, e estudara Antropoloxía e Arte na Universidade de Lund pero iso non lle impediu converterse nun dos grandes especialistas nas embarcacións tradicionais galegas e na cultura marítima do país. A partir dunha viaxe de investigación que realizou á illa de Ons en 1964 namorou de Galicia e coñeceu á que sería a súa muller, Xosefa Otero. A partir de aí, Mörling converteuse nun especialista na dorna, a máis senlleira embarcación das rías galegas, e contribuiu á difusión e coñecemento do patrimonio marítico galego en Galicia e ao longo de Europa. Por iso foi nomeado fillo adoptivo de Bueu en 2006. Segundo adiantou Nós Diario tras confirmalo coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), o ilustre etnógrafo acaba de falecer. O seu último libro, Namoreime en Ons (2015) é un tributo a unha vida dedicada á dignificación do patrimonio marítimo galego, que carecía de figuras de referencia no seu estudo etnográfico ata que el comezou as súas investigacións.

Documental no que Staffan Mörling narra as súas investigacións en Ons