Muros acollerá o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais

O evento celebrarase entre o 9 e o 12 de xullo

9/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Dous anos despois da súa última edición este verán celébrase o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. A vila de Muros acollerá desta volta o evento, que se celebrará entre os días 9 e 12 de xullo, que prevé reunir unha ampla representación con máis de 150 naves galegas e da Península. De xeito paralelo desenvolveranse obradoiros coma os de redeiras, cestería ou secado de polbo entre outras actividades. Tamén está prevista a organización de xornadas técnicas, cun congreso internacional sobre ecomuseos, e mais concertos e actividades lúdicas, con grupos coma Quempallou ou Susana Seivane.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros, Susana Seivane

Claves

Protagonistas
Lugares