Abre a inscrición para o X Encontro de Embarcacións Tradicionais

O evento celebrarase en Carril entre o 30 de xuño e o 3 de xullo

6/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O web do X Encontro de Embarcacións Tradicionais, que se desenvolverá en Carril entre o 30 de xuño e o 3 de xullo, está xa dispoñible na rede. Este encontro bienal é a principal cita que existe no noso país para os afeccionados ao patrimonio flotante e conta a miúdo coa presenza de embarcións doutros lugares de Europa. Os interesados poden xa inscribirse para participar cos seus barcos no evento indicando as dimensións dos mesmos. O evento está organizado pola Asociación Rompetimóns e mais a Federación Galega pola Cultura Marítima e o Museo do Mar.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa

Claves

Lugares