O Diario Oficial de Galicia desde 14 de outubro recolle a orde pola que se inscriben no Censo do Patrimonio Cultural 27 novas embarcacións tradicionais. A traiñeira Vigo Cinco aparece como a maior das incorporacións, con 11,12 metros de eslora e un peso de 7,28 toneladas. Séguea a motora das artes Xeiteiro, dos anos 40/40, con 9,45 metros de eslora e 5,60 toneladas de peso. Na listaxe destaca tamén o galeón Coruxo, de nove metros de eslora.
Das novas inscricións 19 corresponden a dornas de diferentes tipoloxÃas, entre elas unha dorna nai e unha de tope que superan os sete metros de eslora. Canda a elas, entran no censo unha
xeiteira, unha de media construción e sete cordeleiras, sendo o resto polbeiras.
A orde recolle información sobre a denominación de cada embarcación, a súa tipoloxÃa, medidas e pesos asà como a localización do seu porto habitual. A inscrición das pezas neste censo realizouse en base a informes de mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de CarpinterÃa de Ribeira, que avaliaron as solicitudes recibidas.
Segundo lembra a Xunta na propia orde, segundo a Lei do Patrimonio Cultural "a inclusión dun ben no Censo do patrimonio cultural non determinará a necesidade de autorización administrativa previa para as intervencións sobre o dito ben". A listaxe servirá como elemento de referencia para emisión de informes por parte da ConsellerÃa e para outras actuacións institucionais en ámbitos como a "xestión sustentable dos recursos culturais, a ordenación do territorio e o desenvolvemento económico".
Estas embarcacións súmanse ás 23 xa rexistradas no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, sección do Censo do Patrimonio Cultural que se estreou o pasado mes de xullo.