A ilustradora Elena Odriozola foi recoñecida co segundo premio do Ministerio de Cultura a Mellor Ilustración de Libros InfantÃs e XuvenÃs polas ilustracións do libro “A princesa que bocexaba a todas horas”, publicado por OQO Editora. A obra, escrita pola autora onubense Carmen Gil, foi editada no pasado mes de novembro do 2005 en galego, castelán, catalán e desde este mes de xuño está tamén dispoñible en portugués. Esta obra forma parte da colección O de OQO Editora, destinada para nenas e nenos de entre tres e sete anos. A editorial pontevedresa, que leva menos dun ano de actividade, suma este recoñecemento ao seu palmarés despois de ter conseguido que un dos seus libros entrase no catálogo White Ravens.
Máis información no Ministerio de Cultura
e a ficha en Lg3 do libro premiado