Obras menores de Granell e esculturas de Sergi Aguilar, novas exposicións

Granell e Sergi Aguilar en pequeno

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Debuxos, gravados e colaxes de pequeno formato realizados por Euxenio Granell entre 1940 en 1970 compoñen a exposición que se inaugurou onte no Pazo de Bendaña de Compostela. Pola súa banda, o escultor barcelonés Sergi Aguilar presenta na galería viguesa VGO as súas obras, tamén de pequeno tamaño.

Granell en pequeno


O Pazo de Bendaña de Compostela, sede da Fundación Granell, expón desde onte unha mostra dedicada ó artista que dá nome a esta institución. A exposición recolle cincuenta e seis obras de pequeno formato realizadas en trinta anos de carreira. Entre as técnicas que se poden contemplar atópanse colaxes, gravados e debuxos. Unha das salas da mostra está dedicada exclusivamente a retratos, algúns dos cales foron confeccionados exclusivamente en papel, material que teñen en común todas as pezas.




Sergi Aguilar

O escultor barcelonés Sergi Aguilar expón na Galería viguesa VGO doce pezas de ferro e madeira que teñen en común o seu pequeno tamaño. Ademais de escultura, pódense ver debuxos do artista realizados directamente sobre madeira. O traballos expostos son froito de varios anos de actividade.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Desafío cultura

Desafío cultura

Pequeno formato e orzamento cero caracterizan varias iniciativas culturais por todo o país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Galería, VGO, Pazo de Bendaña...