A Fundación Granell fai mudanza temporal

As actividades trasladaranse á sede da Fundación Torrente Ballester, en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ao longo dos vindeiros nove meses o compostelán Pazo de Bendaña sufrirá unhas amplas obras de acondicionamento. Mentres tanto, a Fundación Granell, que desenvolve nel as súas actividades, terá como sede provisoria un espazo cedido pola Fundación Torrente Ballester, tamén en Compostela. A mudanza non supón unha parálise para a actividade da fundación, xa que se prevé facer "maletas didácticas", charlas e obradoiros que acheguen a centros culturais e de ensino a obra do pintor e mais as bases do movementos surrealista ao longo do vindeiro curso. A partir do vindeiro 20 de xullo o personal técnico estará xa traballando na nova ubicación da Rúa do Vilar. Despois da reforma, o Pazo de Bendaña contará cunha ampliación do seu espazo expositivo e acollerá a biblioteca de Eugenio Granell, composta por máis de 14.000 volumes.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Torrente Ballester, Pazo de Bendaña, Ensino, Rúa do Vilar...