Unha mostra sobre o Pazo de Bendaña reabre a sede da Fundación Granell

A fundación ten previsto dúas exposicións sobre a figura do artista surrealista

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un pouco antes do previsto (inicialmente barallouse a data do 20 de xullo) a Fundación Granell reabre a súas portas ao público. Faino cunha exposición Do pazo de Bendaña á Fundación Granell que fai un percorrido polos diferentes usos e ocupacións que tivo o edificio desde a súa construción. É a primeira das tres exposicións organizadas para dar a coñecer o ampliado edificio (a Fundación ocupa agora o que foron as dependencias de Emuvissa) e, ao mesmo tempo para dar a coñecer o legado de Eugenio Granell. Nese sentido, a segunda exposición exhibirá os novos fondos sobre o surrealista que foron cedidos pola súa viúva antes de morrer. Despois do verán tamén abrirá unha mostra de xoias dos 14.000 volumes da biblioteca persoal do artista así como o seu edificio. Despois deste ano en obras, a reestruturación do edificio separa a parte expositiva, e polo tanto visitable, do que é a privada e administrativa.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Bendaña, Exposicións, Eugenio Fernández Granell, Fundación Eugenio Granell

Claves

Conceptos