A Fundación Granell ampliará a súa biblioteca grazas a unha gran doazón dos herdeiros do artista

Granell enriquece Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A biblioteca da Fundación Eugenio Granell recibirá 8.000 novos volumes doados polos herdeiros do artista e que estará a disposición do público na entidade. A nova biblioteca ampliada ocupará unha parte do edificio do Pazo de Bendaña ata agora ocupada pola empresa municipal Emuvissa, o que require unha serie de obras que se supón que estarán rematadas a finais do verán. A importante doazón dos herdeiros do artista surrealista Eugenio Granell (1912-2001) inclúe tamén fotografías e outra documentación como correspondencia doutros artistas como André Bretón, Marcel Duchamp ou o escritor Juan Ramón Jiménez. Máis de dous milleiros de cadros do autor tamén serán doados pola viúva á cidade que acolle a fundación do artista e que agora contén obras por valor de máis de 12 millóns de euros.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Fundación Eugenio Granell, Pazo de Bendaña, Eugenio Fernández Granell