Os herdeiros de Rafael Dieste e da súa dona decidiron cederlle a Sargadelos o legado intelectual da parella, un fondo en que destaca a documentación epistolar que conserva parte da memoria do exilio. A Fundación Eugenio Granell deixa en depósito unha biblioteca de varios miles de volumes por non ter espacio na sede da fundación surrealista no Pazo de Bendaña. As dúas coleccións de fondos reuniranse na nova sede de Sargadelos na Rúa Nova, un edificio de 1200 metros cadrados, de pranta baixa, dous andares e un faiado.
Máis información en La Voz de Galicia
Máis información en La Voz de Galicia