O Consorcio reforma o Pazo de Bendaña para acoller os fondos completos de Eugenio Granell

A obra terá un custe de seiscentos millóns e un prazo de execución de 12 meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha das teimas de Eugenio Granell era que, á súa morte, os seus fondos non estiveran dispersos. Ata tal punto, que o deixou escrito no seu testamento. A Fundación que leva o seu nome albergaba na súa sede de Santiago a colección pictórica (máis de dúas mil obras entre obras do artista, doutros surrealistas e unha colección de arte étnica) pero non dispuña de espazo físico para a súa biblioteca (conformada por uns 11.000 volumes). Por iso, o Consorcio de Santiago acaba de anunciar (con dous anos de atraso) unha reforma do Pazo de Bendaña que permitirá acoller e exhibir a biblioteca. A adaptación, que ten un custe de 629.896 euros, incrementará a sede da fundación en 400 metros. Un espazo que ocupa a oficina municipal de Emuvissa que se traslada ao Sar.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Bendaña, Morte, Consorcio de Santiago, Sar...

Claves

Conceptos