Eramos pensionistas culturais. O Estado traía o teatro, as exposicións
e só tiñamos que sentarnos e mirar. Coa crise iso acabouse. Claro e rotundo é Roberto Figueiral, un dos promotores de Elefante 330, a plataforma que se presenta ao público este venres cunha exposición efémera. Este é un dos numerosos proxectos e propostas culturais que agromaron neste ano marcados por formatos de pequeno tamaño e de orzamento ínfimo.
Non son grandes proxectos, nin contan con grandes espazos, grandes orzamentos en realidade a palabra grande desaparece de todos os seus cualificativos. Non así a calidade, o detalle e mesmo unhas ganas tremendas por promover actividades, aínda que sexa a base de tirar de aforros propios ou propostas colectivas xusto no momento no que a administración contrae a súa participación. Il Maquinario Teatro, Diálogos Improbables, A Regadeira de Adela, Bus Station Space . Son moitos e moi numerosos os proxectos culturais que xurdiron ao longo deste ano 2012, xunto cando os indicadores culturais apuntan a que, de xeito paralelo ao descenso do investimento público, tamén cae o consumo cultural. Os galegos, segundo cifras do Observatorio da Cultura Galega, investiron en bens e servizos culturais 60 millóns de euros menos (un 7,9%) menos entre 2010 e 2011.
Neste contexto, creadores, comisarios, actores todos os seus promotores son conscientes da crise e en parte, esta situación de recortes caída de investimentos público neste sector o que os animou a facer cousas. Estabamos afeitos a que foran as administración as que promovesen eses grandes eventos nos que o pequeño formato, que nós podíamos asumir, non podía competir, por iso agora ten moito máis sentido explica Roberto Figueiral.
O valor do pequeno
Un dos fíos común destas propostas novas que xorden pasa indubidablemente polo formato curto. Se o audiovisual leva tantos anos facéndoo que xa se converteu nun xénero, no caso das artes escénicas a aposta é moi clara. O microteatro que está causando furor en Madrid, aterrou primeiro na Coruña da man de La tuerka 27. É certo que o xénero non era novo, que a Sala Ensalle xa o facía en Vigo e mesmo o Centro Dramático Galego durante a época de Cristina Domínguez desenvolveu no Salón Teatro varias propostas, con todo, neste 2012 abriron en Coruña (La Tuerka 27) e Santiago (A regadeira de Adela) dous espazos específicos para este tipo de formato curto. Antón Coucheiro, un dos creadores de A Regadeira puntualizou cando abriu o proxecto que unha das grandes diferenzas radica en que non se reduce só ao teatro, xa que nós estamos apostando porque sexa teatro, circo, performance... danza, que serán artes escénicas. Levan tres semanas de programación e houbo nalgún espectáculo no que tiveron que repetir función polo éxito de público.
O pequeno formato reduce moitísimo o custe, permíteche traballar en varios proxectos a un mesmo tempo e podes facer máis con menos asegura Ángel Calvo (Lalín, 1984). Este comisario puxo en marcha en novembro deste ano Diálogos improbables, un proxecto de exposición efémeras, que abren e pechan no día que lle permitían unha maior mobilidade para desenvolver outras propostas. Co diálogo de creadores que, a priori, parecen non ter nada en común, poñen en valor o papel do comisario. E no primeiro diálogo (entre Teo Soriano e Kepa Garraza) o resultado foi moi positivo. Conseguimos atraer a unhas cen persoas, algúns mesmo coleccionistas que estaban interesados na obra dos artistas e que iniciaron así un contacto asume Ángel. Hai certas concomitancias deste proxecto con Plan de Rescate, a acción que promove Roberto Figueiral e que se integra dentro da plataforma Elefante 330. Plan de rescate terá lugar este venres 14 na Coruña, nun baixo comercial que leva un tempo parado e no que unha vintena de artistas reflexionan sobre a influencia da crise tanto na sociedade como no mundo da arte. Quixemos facer unha exposición con artistas contemporáneos galegos que teñan unha compoñent social e nos que María Marco desenvolve o comisariado explica Roberto Figueiral.
Orzamento Cero
Eu veño do mundo da música, dun grupo que íamos tocar pola gasolina, pola comida ou polo aloxamento, dun mundo non que nunca houbo un can para nada asegura Ángel Calvo sobre o financiamento de Diálogos Improbables. Para este proxecto non contou nin con orzamento, co custe de poñer o sistema de iluminación dun baixo, uns pinchos para a inauguración porque era tan baixo o orzamento que ata Os artistas viñeron pola súa conta. Nesa liña está tamén Plan de rescate, que conseguiu que lle cederán durante un mes e medio un local comercial situado nunha rúa céntrica da Coruña.
Non podes parar porque non haxa orzamento asegura Robergo Figueiral. Nós fixémolo porque si, porque nos ilusionaba e imos facer a exposición e un catálogo online e un videovirtual coa achega de todos os participantes. Na súa opinión asistimos a un cambio de paradigma, unha evolución do modelo de xestión na que os cidadáns serán os que teñan que buscar novas solución. E nese modelo no que Plataforma Elefante 330 desenvolverá a súa acción, non se vencella a un espazo concreto nin a un modelo único. Primeiro é a acción e logo a reacción, é dicir, temos que existir e logo, como nos seres humanos, te relacionas asegura Figueiral para falar das conexión con outras entidades ou centros existentes.
Outras propostas
Alén destes proxectos hai moitos outros que xurdiron recentemente en un contexto rural. Na Peregrina, nun contexto rural moi próximo a Compostela, leva pouco máis dun ano en marcha o FAC, (Furancho de Arte Contemporánea), con proxectos artísticos moi diferentes da liña de traballos habitual. De arte tamén aborda, o Bus Station Space (Praza Camilo Díaz Baliño, 17 baixo), un espazo multidisciplinar, cunha parte de galería e outra parte destinada a obradoiros para nenos e pequenos. Tamén este ano se presentou no Culturgal Rural Actual, unha plataforma web para a colaboración, o intercambio e a difusión dos proxectos culturais ou creativos que operan en e para o medio rural, favorecendo a dinamización social e o desenvolvemento sustentable dos territorios nos que actúan. Continúa nesta liña LabRural, un laboratorio de experimentación e intercambio de información, que potencia a cultura libre e aberta a través de licencias Copyleft, no que a ecoloxiá ten un papel moi importante que desenvolven en Betanzos os irmáns Francisco e Esperanza Porto.
Hai ademais, novas compañías teatrais como Il Maquinario Teatro, conformada por alumnos saídos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia baixo a cobertura empresarial de Arteficción SL. Para a súa estrea, adaptan O home almofada, unha novela do coñecido escritor irlandés Martin McDonagh, moi popular no teatro galego tralas adaptacións feitas por Producións Teatrais Excéntricas con Un cranio furado eOeste solitario. Nesta ocasión, conta a historia dun escritor de contos infantís con ganas de notoriedade que é arrestado e interrogado pola conexión entre as súas historias e unha serie de crimes e desaparicións de nenos da zona.