O teatro universitario ten unha nova cita en Galicia. Esta vez en Compostela, onde catorce grupos universitarios ofrecerán as súas representacións no Salón Teatro e na Sala Nasa. Durante un mes, Santiago convertirase no referente do teatro universitario nunha mostra que traerá o mellor dos grupos teatrais dos campus das tres universidades galegas.
Mostra dende o inicio
O pistoletazo de saída desta nova edición do teatro universitario foi onte na Sala Nasa. Alí, o grupo EIS da Universidade de Santiago ofreceu a súa versión teatral da obra de Suso de Toro, "Polaroid". A sesión, que foi doble, continuou con "Os pintores non teñen recordos" de Darío Fo, a cargo de Captatio Benevolentiae. Hoxe, toma o relevo no escenario o grupo de teatro de Inglés con "A midsummer night´s dream" de Shakespeare ás 22 horas no Salón Teatro.
E mañá un pograma doble. Ás 19:30 horas a compañía coruñesa Hac Luce presenta a creación colectiva "o Campo" na Nasa. E ás 22h no Salón Teatro o grupo A Fatuati fará o propio con "A locaaa morte dun pedante".
Do xoves 10 ó mércores 23
As obras programadas para o xoves son dúas. En primeiro lugar ás 18:00 no Salón Teatro, "El exorcista" pola compañía Comité Pro Autores Perseguidos de A Coruña. E catro horas despois, ás dez e no mesmo escenario "Después de toda una vida". Ámbalas dúas obras son adaptacións realizadas por Patricia Piñeiro.
O venres, ás 22:00 no Salón Teatro o obradoiro de Ítaca, presenta unha creación colectiva; a xornada continúa o sábado con "Perdona bonita pero Lucas me quería a mi" do grupo ¿E por qué non?.
Á Aula de Teatro de Ourense chégalle o turno o domingo no Salón Teatro con "Vodas de sangue". A mostra continúa o día quince co grupo de teatro de Francés de Santiago cunha adaptación de "Candide" de Voltaire. O 16 co gruo de Alemán e o 22 con Apeirón teatro cunha adaptación de textos de Lorca con "Luces-baixo a area". E pecha o festival Nús con Espiral de Iván López.