Chega a Vigo a IV Edición da Mostra de Teatro Universitario

Mais teatro de aula

14/5/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Aula de Teatro do Campus de Lugo foi a encargada de abrir onte a IV Mostra de Teatro Universitario que se celebra neste campus. Logo de pasar por Lugo e Compostela, grupos teatrais galegos e un sudamericano amosarán o seu bo facer na escea. Será ata o día dezaseis no auditorio de Caixanova e na sala Sete Mares da Cidade Olívica.

Inicio

A Aula de Teatro do Campus de Lugo abriu onte a IV Mostra de Teatro Universitario de Vigo organizado polo Vicerrectorado de Extensión Universitaria. A obra que se representou no Auditorio Caixanova foi "Europa" de David Greig. Hoxe ás oito e media tomará o relevo o grupo Maricastaña de Ourense que porá en escea ás oito e media da tarde "Farenheit 451" de Ray Bradbury adaptada por Fernando Dacosta, que xa pasou, coma a anterior, por outros festivais universtarios coma o de Compostela.
A seguinte función será ás once da noite na sala Sete Mares a cargo do grupo compostelán Caelac, que representará "Hedera" unha versión de "Romeo y Julieta".

Máis

Para mañá será o grupo coruñés Hac Luce quen representará "Vida e obra de Tantonen", de Enrique Ballesté. Na sesión nocturna, ás once e media da noite, actuará o grupo mexicano La Vuelta, da Universidade de Querétaro coa obra "La loca Miramar", baseada na novela "Sin noticias del Impreior" de Fernando del Paso. A mostra clausurarase o día dezaseis coa representación de "Roberto Zucco" por parte do grupo vigués Teatro Espido.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Vigo, Caixanova...