A Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural con carácter presencial baixo o lema "Cultura Segura". Teatro e música volven á UVigo da man de dous dos seus grandes emblemas: a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que acada asà a súa XXIIIª edición, e o Festival Sonora, rebautizado como Sonora 2.1, xa que nesta ocasión o concerto contará cunha única actuación. A estrea da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, será este mesmo xoves, 22 de abril, coa representación de A emperadora, da Aula de Teatro Universitaria de Lugo, ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. Todas as obras representaranse nese espazo e horario e será preciso facer reserva previa da entrada, que é de balde. A capacidade do Teatro Vidal Bolaño está agora limitada a 49 butacas.
A programación verase afectada polas circunstancias pandémicas no sentido de restrinxirse moito máis que outros anos á creación galega, debido ás dificultades de mobilidade. AsÃ, na Miteu todas as actuacións van estar protagonizadas polas aulas de teatro das universidades galegas, aÃnda que, segundo os técnicos da Universidade, se as circunstancias mellorasen de xeito considerable poderÃa ampliarse a programación con algunha obra do resto do Estado ou de Portugal. O programa de actuacións continuará os mércores 28 de abril, 12 e 19 de maio. O 28 de abril farao coa Aula de Teatro Universitaria da USC, que representará a obra A casa da Forza 2, 52-88, unha peza centrada nun traballo dramatúrxico das páxinas 52 a 88 do texto de Angélica Liddell La casa de la fuerza. O 12 de maio será a quenda da Aula de teatro universitaria de Ourense, que baixo a dirección de Fernando Dacosta, porá sobre o escenario AÃnda que siga brillando a lúa. A clausura da mostra será o mércores 19 de maio cos anfitrións, a Aula de Teatro Universitaria de Vigo, que representará Tic Tac, unha obra de Suso de Toro dirixida por Sonia Rúa e Casilda Alfaro.
Sonora 2.1
O regreso da música ao campus ten como data marcada o 5 de maio ás 18.00 horas, tamén no Vidal Bolaño, co Festival Sonora 2.1, unha tarde de música que estará protagonizada por Laura LaMontagne e Pico Amperio, dúo que oscila entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes Ãntimos. Neste caso o espectáculo formúlase a modo de concerto hip hop, cun DJ Set e espazo para a intérprete. Será unha actuación na que se mesturarán voz, samplers, bases, scrath e loops en directo. Totalmente de balde, ao igual que na Miteu é necesaria reserva previa.