Santiago celebra o XIX Festival Internacional de Teatro Universitario

A mostra conta nesta ocasión con cinco compañías

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Santiago celebra o XIX Festival Internacional de Teatro Universitario

Esta é a semana do teatro universitario en Santiago. Celébrase a edición do XIX Festival Internacional de Teatro Universitario (FITO) conformada pola Aula de Teatro e o grupo NNC da Universidade de Santiago así como tres formacións chegadas de Poloña, Portugal e Murcia. As formacións galegas ofrecerán unha versión da obra de Rodrigo García Agamenón Volvín do supermercado e dinlle unha malleira a meu fillo (aula da USC) e a comedia Pim, Pam, Clown (o grupo de teatro afeccionado NNC). A cita é no salón teatro (entrada de balde) ata o vindeiro sábado 9 de marzo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Comedia, USC, Salón Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares