Comeza en Compostela o XX Festival Internacional de Teatro Universitario

Cinco compañías participan no encontro ata o vindeiro día 22

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Catro compañías de Bélxica, Lituania, Porto Rico e Estados Unidos acompañana a Aula de Teatro da Universidade de Santiago no programa do Festival Internacional de Teatro Universitario. O evento abre hoxe as portas da súa vixésima edición cunha actuación da compañía da USC, que leva a escena Apnea (Variación 2ª) de Roberto Salgueiro. A obra recunca mañá, e o evento seguirá ata o vindeiro 22 de febreiro no Salón Teatro de Santiago.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Roberto Salgueiro, USC, Salón Teatro...