A aula de teatro compostelá abre a Mostra de Teatro da Universidade de Vigo

Dirixida por Roberto Salgueiro, Apnea fai unha visión crítica da Galicia actual

Detalla da montaxe <i>Apnea</i> da Universidade de Vigo
Detalla da montaxe Apnea da Universidade de Vigo
Son dous os motivos polos que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo organiza cada ano unha mostra de teatro. A MITEU insírese na vida universitaria para transmitir valores e coñecemento, máis tamén para amosar a canteira de actores e actrices que saen das universidades. A dezaseis edición deste encontro arrinca mañá con Apnea, a obra da aula de teatro doutra universidade, a de Santiago. Trátase dunha obra de carácter lírico que fai unha visión crítica da Galicia actual e que conta coa dirección de Roberto Salgueiro. A XVI Miteu levarase a cabo no escenario da Universidade de Vigo e no Auditorio do Concello (22, 23 e 24 de abril) con obras das aulas de teatro de universidades galegas (Santiago de Compostela, Ourense e Vigo) e estranxeiras ao longo de marzo e abril.